Chega o mes de Maio e despedimos ao noso
auxiliar Liam, foi un ano marabilloso onde aprendimos moitas cousas del, e da
súa cultura.
Liam é de Exeter (Inglaterra), foi por iso que
preparou unha proposta para despedirse.
O nome desta proposta foi Pixie Day in Ottery St Mary.
Se queredes aprender máis desta historia aquí tendes a presentación que preparou Liam:
Na primeira sesión Liam falou de onde se atopa esta
vila e da rexión de Devon:
Coa axuda dunha presentación
contounos a lenda das fadas (pixies) e os campaneros da vila, e como esta
tradición perdura. Xa que os nenos da vila seguen disfrazandose cada verán de
fadas. Qué divertido!
Chegou a hora dos retos ou
CHALLENGES. Os alumos e alumnas de Atios debían superar algunhas probas para
conseguir unhas letras e salvar aos campaneros (bell ringers) da influencia das
fadas.
Por fin superaron as probas e
puideron atopar o premio final.
Para os máis peques, os de
primeiro, preparamos un xogo de flashcards.